O Concello de Vigo, a través da Concellería de Benestar Social, está a desenvolver un curso de Mediación Intercultural no que está a participar, entre outras organizacións, GALICIA ACOLLE. Impartido pola consultora madrileña Cidalia, consta dunha parte teórica e outra práctica. Respecto a primeira delas, comezou o pasado venres, 24 de outubro, e rematará o sábado 29 de novembro. Posteriormente iniciarase a fase práctica.